"El pirata Malapata" no Auditorio ABANCA de Santiago con Afundación

"El pirata Malapata" no Auditorio ABANCA de Santiago con Afundación

As entradas para o espectáculo familiar están á venda na web de Ataquilla.com

O Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela acollerá, da man de Afundación, este domingo 11 de novembro ás 12:30 horas a representación teatral para toda a familia El pirata Malapata. As entradas para este evento están á venda na web de Ataquilla.com.

Este conto infantil extrapola o público ao mundo dos piratas, onde se encontran uns peculiares personaxes nunha peculiar aventura. Malapata, Ruby e Larguilucho son os protagonistas desta función; uns piratas que se xuntaron despois de seren desterrados doutros barcos. Aos pobres non lles sae nada ben na súa aventura na procura do tesouro. Nesta busca encontrarán todo tipo de personaxes divertidos e inesperados: un monstro, un polvo, unha serea… A través das cancións, os bailes e o colorido do espectáculo, o público embarcarase nas superaventuras do pirata Malapata.

A nova proposta de Vaivén Teatro recupera o seu traballo dirixido ao público infantil cunha nova mirada cara aos personaxes habituais nas historias para os máis pequenos.

Comentarios