Oroso nomeará como fillo predilecto ao pediatra José Miguel Couselo Sánchez, especialista en oncoloxía pediátrica

Oroso nomeará como fillo predilecto ao pediatra José Miguel Couselo Sánchez, especialista en oncoloxía pediátrica

Couselo Sánchez, natural de Oroso, recibirá tamén a insignia de Ouro do Concello pola súa traxectoria profesional e pola súa vinculación co municipio

O Concello de Oroso acollerá o próximo sábado 24 de novembro o acto de nomeamento de Fillo Predilecto a José Miguel Couselo Sánchez, xefe de Sección de Pediatría da Unidade de Hematoloxía e Oncoloxía Pediátrica do Hospital Clínico Universitario de Santiago (CHUS).

Couselo Sánchez, natural de Oroso, recibirá tamén a insignia de Ouro do Concello pola súa traxectoria profesional e pola súa vinculación co municipio, que sempre promociona e ao que está moi unido.

Ademáis do seu destacado traballo no CHUS, José Miguel Couselo Sánchez é profesor de Pediatría na Facultade de Mediciña da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e conta cunha ampla experiencia investigadora plasmada en numerosas publicacións e congresos.

Os actos do día 24 comezaran ás 13:00 horas no centro cultural de Oroso, lugar no que tamén se celebrará unha comida de de fraternidade coa familia do homenaxeado e representantes do concello. As persoas interesadas en asistir á comida poden adquirir as entradas na Cafetería 6 Ríos e no Café de Manuela.

“Poucas veces tivemos un recoñecemento tan merecido, José Miguel Couselo é un médico moi prestixioso e unha grandísima persoa, será unha xornada especial e moi emotiva para todos os veciños e veciñas de Oroso”, asegura o alcalde, Manuel Mirás.

Todos os grupos políticos con representación no concello apoiaron nun pleno municipal e o nomeamento de José Miguel Couselo como Fillo Predilecto. O homenaxeado participa de forma asidua en actividades organizadas ou nas que colabora o Concello de Oroso.

Comentarios