CCOO aplaude o seguimento masivo da folga de Correos

CCOO aplaude o seguimento masivo da folga de Correos

Segundo CCOO, "xa é hora" de que a mellora da situación económica se traduza en "recuperación e reconquista de dereitos"

Comisións Obreiras (CCOO) aplaude o seguimento masivo da xornada de paros contra a precariedade laboral no operador postal público, que incluíu unha concentración onte fronte á oficina principal de Santiago de Compostela. 

Segundo CCOO, "xa é hora" de que a mellora da situación económica se traduza en "recuperación e reconquista de dereitos". Do contrario, o conflito "intensificarase" coa convocatoria de varias xornadas de folga os meses de novembro de decembro.

Desde Comisións lembran que os de hoxe son os segundos paros parciais en menos de cinco meses, preludio das xornadas de folga previstas para novembro —co gallo do Black Friday, cando se producen grandes movementos de paquetes— e decembro —cadrando coa campaña do Nadal.

Multitude de traballadoras e traballadores de Correos, chegados desde todos os puntos de Galicia, apoiaron hoxe as reivindicacións concentrándose fronte á dirección territorial da Zona 1 de Correos, isto é, na oficina santiaguesa dar rúa do Franco. Segundo o secretario provincial de CCOO-Correos na Coruña, Miguel Ángel Fraga, "seguiremos mobilizándonos en defensa do servizo público postal".

Comentarios