Contacontos na Biblioteca Ánxel Casal

Contacontos na Biblioteca Ánxel Casal

Contacontos “Contando coa Ciencia” a cargo de Beatriz Iglesias que nos explicará a través dun conto

A Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal sumase á celebración do Mes da Ciencia en galego nas bibliotecas e, con este motivo, ten programadas as seguintes actividades ao longo do mes de novembro.

CONTACONTOS SÁBADOS 10 e 17 DE NOVEMBRO

Hoxe sábado 10 de novembro ás 12.00h no salón de actos. Contacontos “Contando coa Ciencia” a cargo de Beatriz Iglesias que nos explicará a través dun conto como a Ciencia está connosco no día a día, como xuntando dúas cores primarias conseguimos unha nova cor. Ou que se xuntamos auga e aceite non conseguimos mesturalos. Para nenas e nenos de 3 a 12 anos. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Sábado 17 de novembro ás 12.00h no salón de actos. Contacontos “La magia de la Ciencia” a cargo do mago mexicano José Antonio Godoy que nos mostrará como a maxia e a ciencia fúndense para ensinar o lado asombroso e divertido do coñecemento. Actividade poderosamente visual e didáctica sobre temas de Química, Física, Matemáticas e Bioloxía. Inclúe datos curiosos e sorprendentes, descubrimentos e inventos. Para nenas e nenos de máis de 3 anos. Público familiar. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Comentarios