O SERGAS administrou más de 290.000 vacinas da gripe do que vai de campaña

O SERGAS administrou más de 290.000 vacinas da gripe do que vai de campaña

Dende o Sergas lembran á poboación que se faga un uso responsable dos servizos de urxencias hospitalarias

O Servizo Galego de Saúde conta en cada unha das Xerencias sanitarias con plans de continxencia fronte ás descompensacións cardiorrespiratorias que se poden derivar dos cadros catarrais ou gripais nos meses de inverno para avaliar. 

Estes plan, elaborados por un equipo multidisciplinar de profesionais hospitalarios de cada área sanitaria, buscan dar resposta ás situacións de incremento da demanda asistencial ou a un aumento da necesidade de ingreso hospitalario motivado por un abrocho de gripe. Neste senso, todas e cada unha das EOXIS actualizaron e elaboraron os devanditos documentos e, en función dos mesmos, teñen xa previstas as actuacións necesarias en caso de incremento da demanda asistencial.

O obxectivo dos respectivos Plans de continxencia fronte á gripe é garantir a adecuada organización de medios e atención asistencial nos diferentes dispositivos sanitarios da rede pública galega para afrontar a posible carga asistencial. Neles, descríbense os procedementos alternativos ao orden habitual da organización co fin de permitir ao máximo o normal funcionamento, contemplando a necesidade de habilitación de espazos específicos e de recursos tanto estruturais como de persoal segundo vaian crecendo as necesidades asistenciais.

Estes plans contemplan tres aspectos claves: medidas preventivas, para limitar a posible incidencia de casos, o que pasa pola vacinación tanto da poboación diana como daqueles grupos profesionais de especial impacto (profesionais sanitarios e coidadores); medidas de actuación ante o incremento da demanda de hospitalización, e reforzo de persoal.

Na a elaboración dos plans de continxencia participan os diferentes servizos hospitalarios que posteriormente terán as súas actuacións específicas e, ademais, os documentos, están firmados por todos os responsables destes servizos de cada área sanitaria (Servizos de Urxencias, Microbioloxía, Laboratorio de análises clínicos, Servizo de Medicina Preventiva, Servizo de Admisión, Medicina Interna, Cardioloxía e Neumoloxía).

Dende o Sergas lembran á poboación que se faga un uso responsable dos servizos de urxencias hospitalarias. E neste, senso, os plans de continxencia recollen que o primeiro elo da cadea de niveis da atención á gripe son os dispositivos de Atención Primaria e os PACS, blindando as Urxencias hospitalarias para a atención aos casos de maior gravidade. Cómpre subliñar que nas urxencias de Atención Primaria (PAC) resólvense o 93% dos casos, e só un 7% se derivan ao hospital.

Calquera persoa ante calquera síntoma de gripe debe acudir ao centro de saúde, consultar os seu médico de cabeceira ou ben chamar ao 061.

Comentarios
Lo más