En Marea comeza as súas primarias o vindeiro 20 de novembro

En Marea comeza as súas primarias o vindeiro 20 de novembro

A campaña electoral terá o seu inicio o 27 de novembro ás 00:00 horas e rematará o venres 30 de novembro ás 23:59 horas

“Celebramos a alta participación no pasado Plenario, e a aposta das inscritas por un sistema proporcional no que estarán representadas todas as sensibilidades", indicou esta mañá a vicevoceira e responsable de organización de En Marea, Victoria Esteban, na presentación do calendario de eleccións internas. "Convidámosvos a todas a inscribirse e tomar parte porque somos un espazo participado", engadiu.

Un proceso de eleccións internas que comenza o vindeiro 20 de novembro coa apertura do prazo para a presentación de candidaturas (10:00 horas), as cales serán proclamadas de xeito definitivo o día 26 de novembro tras un período para as reclamacións. No que atinxe á participación, o censo de EM para poder votar terá o seu peche o día 23 de novembro ás 23:59 horas.

“O sistema que se empregará será o mesmo de outras convocatorias: por votación telemática, ainda que se habilitarán mesas de votación asistidas telemáticamente”, aclarou Esteban que convidou a todas as persoas que queiran mudar este país a tomar parte neste transcendental proceso que configurará o Consello das Mareas.

A campaña electoral terá o seu inicio o 27 de novembro ás 00:00 horas e rematará o venres 30 de novembro ás 23:59 horas. As votacións arrincan o primeiro de decembro ás 00:00 horas, e se poderá exercer o voto até o luns 3 de decembro ás 09:00 horas. Ese mesmo día se anunciarán os resultados e procederase á apertura dun período de reclamacións de 48 horas, e o mércores 5 daranse a coñecer os nomes das persoas que conformarán o Consello das Mareas e a Comisión de Garantías. E, o 8 ou 15 de decembro, data aínda por confirmar, se constituirá o novo Consello das Mareas. 

Comentarios