Máis de 425 avisos de emerxencias nesta última borrasca

Foto de archivo
Máis de 425 avisos de emerxencias nesta última borrasca

O maior número de intervencións producíronse na provincia da Coruña, onde se contabilizaron (202) incidencias

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia rexistro entre as 09:00 horas de onte e as 09:00 horas de hoxe un total de 425 incidencias relacionadas coa última borrasca que afectou a Galicia.

O maior número de intervencións producíronse na provincia da Coruña, onde se contabilizaron (202) incidencias. A continuación, a provincia de Pontevedra con (170) incidencias xestionadas. En Lugo (35) e en Ourense (18). A caída de árbores e pólas nas vías de circulación (102), restos de accidentes e obxectos varios nas estradas (20) e alagamentos na vía (13) foron as incidencias máis repetidas.

En canto aos concellos máis afectados, na provincia de Pontevedra destaca o de Vigo con (28) incidencias, Pontevedra con (14) e Vilagarcía con (5). No concello coruñés de Santiago de Compostela acadáronse as (24) incidencias, no de Teo (8) e en Lousame (4). Na provincia de Lugo, os concellos de Abadín, A Pontenova, Viveiro e Ribadeo sumaron 3 incidencias, respectivamente e, por último, en Ourense, nos concellos de San Xoán de Río, Punxín e Ourense xestionouse 1 incidencia en cada un deles. 

Comentarios