Vilagarcía comprará unha das vivendas do narcotraficante Marcial Dorado

Vilagarcía comprará unha das vivendas do narcotraficante Marcial Dorado

Finalmente o lote non irá a poxa e o concello de Vilagarcía de Arousa comprarao polo prezo de saída da poxa, de 170.047 euros, ao tratarse dunha administración pública

O Concello de Vilagarcía de Arousa comprará unha vivenda da rúa Doutor Tourón propiedade de Marcial Dourado por un importe de 170.047 euros e reformaraa para destinala a uso público.

O goberno local ha chegado a un acordo co Plan Nacional de Drogas para adquirir directamente o inmoble sen pasar pola poxa prevista para o próximo 20 de novembro no Hotel Welington de Madrid, onde a sociedade Segipsa venderá varios inmobles decomisados en operacións contra o narcotráfico e o branqueo de capitais en Arousa.

A proposta do concello de Vilagarcía é "dar un uso público e social a esta vivenda, conservar e recuperar parte do patrimonio da cidade, xa que se trata dun inmoble catalogado, situado en pleno centro de Vilagarcía e que ademais ten un prezo de saída máis que razoable para a zona na que esta situado".

Finalmente o lote non irá a poxa e o concello de Vilagarcía de Arousa comprarao polo prezo de saída da poxa, de 170.047 euros, ao tratarse dunha administración pública, aínda que o importe da taxación é superior. O goberno local asumirá este investimento con fondos propios e terá a posibilidade de facilidade de pago.

A parcela ten un terreo de preto de 700 metros cadrados, cunha vivenda de planta de planta baixa e primeiro piso de 130 metros cadrados construídos, con cuadras, galiñeiros e outras dependencias anexas.

A casa, que no seu día custou preto de 800.000 euros, atópase moi deteriorada polo abandono polo que terá que someterse a unha importante reforma para poder convertela nun local para uso municipal.


O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, asegurou estar "satisfeito con esta xestión na que se adquire un solar en pleno centro da cidade cunha casa emblemática e querida polos vilagarciáns que vai quedar en mans da administración".


Comentarios