Preto de 400 persoas reclaman a devolución do Pazo de Meirás

Preto de 400 persoas reclaman a devolución do Pazo de Meirás

A marcha, que contou coa participación de representantes de En Marea e o Bloque Nacionalista Galego (BNG), concluíu fronte ás portas do Pazo de Meirás, onde tamén esixiron a devolución da Casa Cornide

Unhas 400 persoas pertencentes a máis de trinta colectivos participaron hoxe na quinta marcha cívica que se celebra en Galicia para esixir á familia Franco a devolución do Pazo de Meirás, situado en Sada.

"A inacción do Goberno de Pedro Sánchez para conseguir a devolución do Pazo de Meirás non pode continuar nin un minuto máis", asegurou en declaracións a Efe o portavoz dos denominados 19 de Meirás, Néstor Rego, un dos militantes nacionalistas que tomaron o edificio de forma simbólica en agosto de 2017 e foron demandados pola familia Franco.

Rego tamén sinalou que, aínda que a devolución do Pazo de Meirás é "un imperativo" político, tamén o é legal, na súa opinión, xa que "existen dous informes (un encargado pola Xunta de Galicia e outro pola Deputación da Coruña) que acreditan que debe ser devolto aos galegos".

A marcha, que contou coa participación de representantes de En Marea e o Bloque Nacionalista Galego (BNG), concluíu fronte ás portas do Pazo de Meirás, onde tamén esixiron a devolución da Casa Cornide, na Coruña, e as dúas estatuas do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago, todas elas en propiedade dos Franco.

Comentarios