Noia entregará a partir de mañá as axudas material escolar e comedor para o curso 2018-2019

Noia entregará a partir de mañá as axudas material escolar e comedor para o curso 2018-2019

As librerías e centros colaboradores nos que se entreguen estes bonos deberán facturar ese importe ao Concello de Noia antes do 15 de decembro de 2018

A Concellería de Ensino empezará a entregar dende o vindeiro luns 12 de novembro as axudas para adquisición de material didáctico e para o financiamento do servizo de comedor escolar para educación infantil e primaria durante o curso académico 2018-2019. 

“O Concello destina un total de 23.000 euros a estas axudas, que agardamos que sirvan para apoiar ás familias de Noia na educación dos seus fillos e fillas, sobre todo ás que teñen menos ingresos económicos”, explica a concelleira de Ensino, Ángela Neri.

Así, a partir do luns 12 de novembro as familias que solicitaran estas achegas poderán recoller as notificacións que as acreditan como beneficiarias destas axudas, así como os bonos para a adquisición do material escolar. Uns documentos que deberán retirar na Concellería de Ensino, emprazada no primeiro andar da casa consistorial, en horario de 9:00 a 15.00 horas.

Despois, as familias poderán retirar o material escolar en calquera librería ou centro colaborador de Noia polo importe que figure no bono. As familias da convocatoria ordinaria recibirán unha axuda que oscila entre os 30 e os 60 euros; mentres que as familias da modalidade extraordinaria (aquelas unidades familiares que alegaran carecer de recursos ou nas concorra unha situación de especial necesidade) levarán 70 euros. As librerías e centros colaboradores nos que se entreguen estes bonos deberán facturar ese importe ao Concello de Noia antes do 15 de decembro de 2018.

No caso das axudas de comedor, as subvencións serán de entre 30 e 70 euros mensuais para as familias da modalidade ordinaria (agás nos meses de setembro e xuño, nos que recibirán o 70% do concedido). No caso da modalidade extraordinaria, a axuda cubrirá o 100% do custe do servizo.

Comentarios