Galicia lidera un proxecto de realidad aumentada para divulgar o legado do Xacobeo

Galicia lidera un proxecto de realidad aumentada para divulgar o legado do Xacobeo
Galicia lidera un proxecto de realidad aumentada para divulgar o legado do Xacobeo

Creative Loci Iacobi é un proxecto que busca a promoción do patrimonio Unesco situado ao longo das distintas rutas europeas do Camiño de Santiago

A Comunidade galega está a avanzar no desenvolvemento dun proxecto europeo que aplicará técnicas de realidade aumentada que poñan en valor e difundan o patrimonio dos Camiños de Santiago en Europa. Trátase de Creative Loci Iacobi, unha iniciativa na que Galicia é socia colaboradora a través da Consellería de Cultura e Turismo, xunto a representantes de distintos países que esta semana se reuniron en Oviedo para poñer en común os progresos e para deseñar liñas futuras dun encontro da Federación Europea de Camiños de Santiago.

Creative Loci Iacobi é un proxecto que busca a promoción do patrimonio Unesco situado ao longo das distintas rutas europeas do Camiño de Santiago, que suman máis de 80.000 kilómetros de itinerarios xacobeos sinalizados en preto de 28 países europeos e 23 rutas marítimas. 

Para levalo a cabo implantaranse novas tecnoloxías cunha forte vinculación ás industrias culturais e creativas, incluíndo a creación dun mapa interactivo dos Camiños de Santiago, a posibilidade de facer tours virtuais e visitas 360º aos monumentos seleccionados, unha aplicación de realidade aumentada que terá unha versión en formato revista ou a elaboración dunha audioguía multilingüe.

Como se puxo de manifesto durante a reunión, todas estas ferramentas implementaranse nos tramos do Camiño de Santiago que atravesan diversos territorios dos socios do proxecto. Galicia encargarase de organizar o acto de peche desta iniciativa europea en 2019, no que se presentarán ao público os resultados, incluíndo todas estas ferramentas dixitais. 

Como socio coordinador, a Comunidade galega contribúe así a facer máis comprensiva e práctica a información que se ofrece nos Camiños de Santiago en Europa e os lugares de patrimonio da Unesco na ruta xacobea.

Maior visibilidade internacional

Creative Loci Iacobi está financiado polo programa europeo COSME no que Galicia participa como socio, xunto á maioría dos membros da Federación Europea dos Camiños de Santiago que é a asociación que representa ao Camiño de Santiago nos Itinerarios Culturais Europeos, o que implica unha maior visibilidade da ruta xacobea no eido internacional. Xunto a eles, tamén participan o municipio Vila Pouca de Aguiar, en Portugal; a Federación de Turismo da Provincia de Namur, en Bélxica; Svento Jokubo Kelio Savivaldybiu Asociacija, de Lituania; Województwo Kujawsko-Pomorskie, de Polonia, e Xoia Software, de Galicia.

A participación nesta iniciativa europea enmárcase no compromiso do Goberno autonómico coa implantación das novas tecnoloxías na peregrinación, aliñándose así cos obxectivos do Plan Smart Camiño, desenvolvido en 2016 conxuntamente coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), e do Plan director do Camiño de Santiago, para responder ás necesidades actuais da peregrinación, protexendo ao mesmo tempo os seus valores históricos e favorecendo unha experiencia de calidade. 

Comentarios