Merche chega a Santiago o vindeiro 17 de novembro

Merche chega a Santiago o vindeiro 17 de novembro
Merche chega a Santiago o vindeiro 17 de novembro

A través de 12 temas, Merche explora xéneros tan variados como as baladas románticas, ritmos latinos ou a música racial

O Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela (Preguntoiro, 23) albergará o vindeiro sábado 17 de novembro, a partir das 20:30 horas, un concerto a cargo de Merche incluído na súa nova xira, De otra manera. As entradas pódense adquirir na web Ataquilla.com.

Chega o novo de Merche, o seu oitavo álbum de estudo, que xa triunfa con temas como Pasajeros, Noche de San Juan e Puentes. Cun renovado son que xa experimentou no seu anterior traballo, a artista gaditana consolídase como unha das cantautoras de maior recoñecemento e aceptación entre o público do noso país. A través de 12 temas, Merche explora xéneros tan variados como as baladas románticas, ritmos latinos ou a música racial.

Aválana quince anos de traxectoria, sete álbums de estudio, varios discos de ouro e platino, unha candidatura ao Grammy Latino e unha infinidade de éxitos.

Comentarios
Lo más