CxG pide a intervención urxente do Palacio de Congresos polas filtracións de auga

CxG pide a intervención urxente do Palacio de Congresos polas filtracións de auga
CxG pide a intervención urxente do Palacio de Congresos polas filtracións de auga

Dende Compromiso queren lembrar que a última actuación para a eliminación de pluviais é do 2015

Xoán Bascuas pide actuar urxentemente no Palacio de Congresos para arranxar as filtracións de auga que se están a producir nos días de choiva, tanto nas zonas acristaladas, pola degradación do aillamento, como na fachada e tellado.

Dende Compromiso queren lembrar que a última actuación para a eliminación de pluviais é do 2015. Tendo en conta o estado no que se atopa o Palacio de Congresos na actualidade, con importantes goteiras na entrada como no vestíbulo principal, ven precisa unha nova intervención de xeito urxente para evitar a degradación do edificio e non dar unha imaxe pouco axeitada do espazo de congresos e exposicións referente na cidade.

Comentarios