Accidente na Escravitude no que estiveron implicados tres vehículos

Accidente na Escravitude no que estiveron implicados tres vehículos

O accidente sucedeu ás 21:20 horas da noite 

Esta noite produciuse un accidente, ás 21:20 horas, na localidade padronesa da Escravitude.

Víronse implicados tres turismos e saldouse con dous feridos leves.

Ata o lugar do suceso presentouse Protección Civil, a GardaCivil de Tráfico, axentes de Policía e varias ambulancias do 061 que trasladaron aos feridos ata o PAC de Padrón.


Comentarios