Unha publicación analiza os debuxos do século XVIII achados na igrexa do convento de Santa Clara

Unha publicación analiza os debuxos do século XVIII achados na igrexa do convento de Santa Clara
Unha publicación analiza os debuxos do século XVIII achados na igrexa do convento de Santa Clara

Preséntase hoxe mércores na Fundación Torrente Ballester, ás 19:30 horas

O Consorcio de Santiago e a editorial Guiverny acaban de publicar Las monteas del convento de Santa Clara de Santiago de Compostela, unha obra do historiador Miguel Taín Guzmán e do arquitecto José Calvo López. Preséntase hoxe mércores na Fundación Torrente Ballester, ás 19:30 horas.

No acto estarán, xunto aos autores, o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade, Martiño Noriega; a xerente do Consorcio, Belén Hernández; o responsable de Publicacións do organismo, Juan Conde; e Belén Fortes, da editorial Guiverny.

En 2014 o Consorcio de Santiago retirou a tarima de madeira que forma a capa superior do pavimento da igrexa do convento de Santa Clara, debido ao seu mal estado de conservación, para renovala. Naquel intre observouse, baixo a tarima, unha gran cantidade de trazados inscritos sobre as lousas de granito que constitúen a base do pavimento. 

Trátase de monteas, debuxos gravados na pedra que servían de guía aos canteiros como guía no proceso de construción. Unha vez analizados, descubriuse que teñen un elevado valor histórico, artístico e patrimonial.


Comentarios