Tres novos parques eólicos ameazan a comarca de Ordes

Tres novos parques eólicos ameazan a comarca de Ordes
Foto de arquivo
Tres novos parques eólicos ameazan a comarca de Ordes

O Concello de Ordes declarouse en maio concello libre de eólicos

No Rexistro Eólico de Galicia, tres novos proxectos de parques eólicos están en estado de nova solicitude na Comarca de Ordes. Estes parques reunirían un total de 33 novos muíños eléctricos. Ademáis aparecen con sendas subestacións eléctricas e moi próximos aos núcleos rurais.

A Coordinadora contra a implantación de parques eólicos na comarca de Ordes denuncian que a proximidade de todos estes parques suxiren no plano a idea de un só mega parque eólico e que a súa fragmentación é intencionada para eludir mellor os impactos no medioambiente e na sociedade.

A comarca de Ordes foi declarada de Interese Agrario pola Xunta de Galicia e nela concéntrase moita poboación rural activa e espallada. Ademáis os concellos de Ordes, Frades, Mesía e Oroso téñense declarado concellos libres de eólicos no pasado mes de maio. A Coordinadora contra a implantación de parques eólicos na comarca de Ordes esixe a estes concellos que manteñan a súa posición de rexeitamento aos muíños eólicos e que non concedan os permisos necesarios. E esixen á Consellería de Economía, Emprego e Industria que escoite a declaración de concellos libres de eólicos que se manifestaron democráticamente en contra dos parques nos plenos de cada municipio.

Comentarios