Os populares piden a convocatoria do consello de administración de Incolsa

Os populares piden a convocatoria do consello de administración de Incolsa
Os populares piden a convocatoria do consello de administración de Incolsa

Desde o Grupo que dirixe Agustín Hernández, creen que é imprescindible que o Executivo municipal convoque o Consello de Administración, antes de que presenten o orzamento para o ano 2019

Os populares de Santiago solicitan a convocatoria do Consello de administración de Incolsa, ante "o exemplo de desinterese de Compostela Aberta por un dos sectores máis relevantes da economía municipal e da imaxe da cidade como é o turismo, unha industria que para o equipo de Goberno de Martiño Noriega, lonxe de ser unha oportunidade de crecemento para Santiago, parece ser un grave problema, tal e como queda reflectido na súa nula xestión neste eido turístico", afirman.

Desde o Grupo que dirixe Agustín Hernández, creen que é imprescindible que o Executivo municipal convoque o Consello de Administración, antes de que presenten o orzamento para o ano 2019.

"O Grupo de Martiño Noriega parece non saber deseñar liñas que permitan un desenvolvemento ordenado, equilibrado e sostible do turismo na cidade e optan pola prohibición como instrumento de control, deixando claro que esta empresa pública non é unha prioridade para CA, xa que non se entende que non haxa ningunha estratexia con respecto ao seu futuro" aseguran os de Agustín Hernández.

O Partido Popular pediu unha reflexión e proposta do futuro para a empresa, tal e como se lle solicitara xa en 2017 e sobre a que a concelleira Marta Lois afirmou que se estaba “encargando”.

Cómpre subliñar que Incolsa está nunha situación delicada, como consecuencia da incerteza sobre a liquidación do IVE correspondente aos exercicios 2015, 2016 e 2017. Así, por mor das incongruencias ao respecto desta cuestión, o Grupo Municipal Popular votou en contra das contas anuais do ano 2017 na Xunta Xeral celebrada o pasado 21 de xuño.

En consonancia co informe da intervención municipal e os auditores de contas que fiscalizaron o exercicio contable de Incolsa 2017, o Grupo Municipal Popular considera que é necesario provisionar a esta empresa pública polas cantidades reclamadas pola Axencia Tributaria.

Comentarios