O BNG presenta a súa candidata para as municipais

O BNG presenta a súa candidata para as municipais
O BNG presenta a súa candidata para as municipais

A forza política aposta por Goretti Sanmartín, "feminista e nacionalista", para encabezar a candidatura

Esta mañá tivo lugar unha rolda de prensa do BNG na que Ana Pontón, portavoz nacional, presenta a Goretti Sanmartín como candidata ás municipais de Santiago de Compostela. 

No preámbulo da presentación, Ana Pontón destacou o bo momento que está a vivir a forza política, un momento unión e de cohesión interna,. "Estas eleccións europeas e municipais van a confirmar que estamos á alza, van a confirmar a recuperación do BNG no conxunto de Galicia e, moi particularmente, na cidade de Santiago de Compostela". Pontón asegura que hai unha corrente de simpatía a prol do BNG que detectaron non só nas enquisas, senon tamén a pé de rúa, onde hai unha valoración moi positiva.

Ana Pontón presentou a Goretti Sanmartín coma unha aposta potente para encabezar a candidatura para as municipais. Considerou a Sanmartín como un perfil clave na renovación do BNG e describiuna coma unha persoa con experiencia e dialogante, unha muller feminista e comprometida con Santiago de Compostela e Galicia.

Pola súa parte, Goretti Sanmartín asegurou que Compostela "pode e debe mellorar moitísimo" e por iso é preciso deixar atrás, por un lado os catro anos "infames" do Partido Popular e por outro, saber qué pasou estes anos de Compostela Aberta nos que ve unha etapa de deixadez e de falta de proxecto. Aclarando que a súa opinión é que foi mellor o goberno de Compostela Aberta que a do Partido Popular, incidiu na mala xestión da primeira nomeando casos como o da problemática actual dos comedores escolares, o tema da  recollida do lixo ou o pagamento tardío a proveedores. Tamén recordou que, pola mala xestión do actual goberno, a cidade está sen depuradora.

Sanmartín propón un novo proxecto do BNG para Santiago de Compostela e a longo prazo. Recorda que o BNG coñece a cidade e o funcionamento interno e, asegurando que a dereita non ten posibilidade de volver, considera ao que a forza nacionalista é  determinante.

O primeiro acto político do BNG será unha cea que terá lugar o 30 de novembro ás 20:30 horas no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia. Esta cea, á que poden acudir toda a militancia, representantes de veciños e veciñas, persoas a nivel particular..., considérana un acto importante de pistoletazo de saída, ensinaránse cales son as líneas que se queren traballar e escoitaráse o que lles din a poboación que reside na cidade. Toda persoa que queira acudir, só ten que recoller o billete no local municipal do BNG.

No tempo de preguntas, asegurando que o BNG aspira a formar goberno, preguntóuselles con quen sería máis cómodo pactar: co PSOE ou con Compostela Aberta. A resposta foi que o BNG aspira a un goberno nucleado, que haxa un acordo de forzas políticas que transforme a cidade. Sanmartín sabe que non vai haber maiorías absolutas e que vai haber que dialogar. A forza nacionalista aspira a todo, non se pon límites nin obxectivos e pretende ter un apoio moi importante.

Por outra parte, as ponentes foron preguntadas se houbo finalmente acordo para constituir a comisión polo tema da auga ó que Goretti Sanmartín contestou que se retirouse este punto no pleno anterior porque había unha proposta de comisión para empezar este proceso na que faltaban persoas importantes como funcionariado ou persoal técnico e que é imprescindible poñer unhas de normas de funcionamento previas da comisión.

Para finalizar, tocouse o tema dos tres millóns de euros que están destinados ao pagamento da deuda bancaria. Sanmartín aseguou que Compostela Aberta sempre defendeu que os remanentes non se deberían dar aos bancos e que é xusto o que está facendo. E que pola súa mala xestión incumpren o prazo do pago a proveedores que actualemtne está nunha media de 84 días cando o normal serían 30. Sanmartín considera que se poderían estar solucionando outros temas con eses cartos.

Comentarios
Lo más