A Mesa presenta no Parlamento Europeo o seu informe sobre o cumprimento da Carta Europea das linguas

A Mesa presenta no Parlamento Europeo o seu informe sobre o cumprimento da Carta Europea das linguas
Foto de arquivo
A Mesa presenta no Parlamento Europeo o seu informe sobre o cumprimento da Carta Europea das linguas

Intervirá no intergrupo de linguas minorizadas para para denunciar os icumprimentos do Estado e da Xunta.

A Mesa pola Normalización Lingüística presentará mañá no Parlamento europeo o seu relatorio sobre o cumprimento da Carta Europea das linguas rexionais ou minoritarias. A intervención terá lugar no intergrupo de linguas minorizadas, do cal forman parte representantes de todos os grupos parlamentares europeos, e será levada a cabo polo secretario de Relacións Internacionais da Mesa, Paulo Filgueiras.

O relatorio, que foi xa presentado na Asemblea xeral da Rede Europea para a Igualdade das Linguas a principios deste mes, advirte de que tanto o Estado como a Xunta incumpren as súas obrigas en todas áreas nas que deberían garantir a presenza normal da lingua galega, cometendo así graves deficiencias na aplicación da Carta Europea.

A Carta Europea das linguas rexionais e minoritarias é un documento internacional promovido polo Consello de Europa para garantir a normalidade das linguas minorizadas. Esta Carta foi ratificada polo Estado español en 2001 no seu grao máximo, de maneira que tería que garantir o uso pleno do galego nos territorios onde é oficial ou está protexido polo Estatuto, como acontece nos ámbitos do ensino, a xustiza, a administración ou a cultura. 

Comentarios
Lo más