Todo listo para a segunda edición de Cinema Crianza

Todo listo para a segunda edición de Cinema Crianza
Todo listo para a segunda edición de Cinema Crianza

Historias arredor do fútbol, sobre a importancia de conservar a natureza ou curtas musicais centran a oferta desta edición , que se celebrará no Concello de Ames ata o domingo

A 2ª edición do Festival Internacional de Cine Infantil Cinema Crianza arrinca hoxe xoves, ata o domingo, cunha Mesa Redonda que, baixo o título 'Cruce de Camiños', reunirá a persoas vinculadas á creación e á educación para debater sobre o cinema como instrumento para coñecer a realidade, fomentar valores e potenciar o espírito crítico desde a infancia. 

Aberta ao público, terá lugar na Casa da Cultura de O Milladoiro, a partires das 19 horas, e contará coa participación de Cristina Campos e Rafael Sánchez, autores do blog 'O RECANTO DE LEO'; Manolo González, artifice da canle de youtube 'CLIPHISTORIA'; Cristina Novoa, coordinadora da asesoría de bibliotecas escolares da Consellería de Educación e Mamen Quintas, xerente de Ficción Producción e responsable da serie infantil de Clan 'TUTÚ'.

O certame ten prevista unha programación especial en torno ao Audiovisual e o Ensino no marco da súa aposta polo cine como ferramenta na construcción da personalidade adulta. Neste sentido, celebrarase unha proxección guiada por educadoras para medio milleiro de alumnos con curtametraxes que lles permitirán reflexionar sobre a migración, a igualdad de xénero, o acoso escolar ou o medioambiente.

As 73 curtas que optarán ao Premio Axóuxeres, Buxainas e Premio do Público poderánse ver en 11 sesións recomendadas por idade (maiores de 2 anos, a partires dos 5 e maiores de 7), en dúas sedes: A Casa da Cultura de Bertamiráns e na Casa da Cultura de O Milladoiro. As historias de fútbol, medio ambiente ou as curtametraxes musicais serán protagonistas nesta edición, na que tamén descobriremos seres fantásticos, incribles xogos ópticos e unha rica variedade de técnicas de animación.

No bloque Arredor dunha Pelota veremos filmes que, procedentes de países como Irán, India, México, Arxentina ou Brasil, retratan realidades dispares e temáticas como a exclusión social, a amizade, o traballo en equipo ou a importancia do deporte para escapar da miseria. No Reino das Harmonías poderemos descubrir a idiosincrasia de diferentes lugares, a partires de historias sobre instrumentistas e sobre música con sons que van desde acordes de jazz, aos étnicos ou á espectacularidade duhna orquestra sinfónica. Pola súa banda, na sección Brotes Verdes reflexionaremos sobre o poder do home para destruir o planeta e a importancia de coidar a natureza.

O sábado, na bloque Música para Parrulos, bailaremos, entre outros artistas, ao son de Xoán Curiel e a súa Banda do Verán, que nos presentarán o disco 'A casa do Terror'. Tamén Magín Blanco estreará o videoclip 'O avó Ie-ié'.

Comentarios
Lo más