Atopan o corpo sen vida dun septuaxenario en Rairiz de Veiga

Atopan o corpo sen vida dun septuaxenario en Rairiz de Veiga
Foto de arquivo
Atopan o corpo sen vida dun septuaxenario en Rairiz de Veiga

Desapareceu despois do xantar e o seu cadáver foi atopado preto da medianoite sen signos de violencia.

Preto da pasada medianoite, a Garda Civil achaba o corpo sen vida dun señor de setenta anos ao que buscaba desde a tardiña. O cadáver non presentaba signos de violencia.

O home, veciño do concello ourensán de Rairiz de Veiga, non voltou á súa residencia despois do xantar, de maneira que a familia alertou ao 112 da desaparición, iniciándose así o dispositivo de busca. 


Comentarios
Lo más