Falece un operario en Cambre ao caer do tellado no que traballaba

Falece un operario en Cambre ao caer do tellado no que traballaba
Foto de arquivo
Falece un operario en Cambre ao caer do tellado no que traballaba

O persoal sanitario non puido facer nada por salvarlle a vida.

Un accidente laboral acabou coa vida dun operario sobre as 19:00 horas da pasada tarde na Barcala, en Cambre. O home atopábase traballando nun tellado cando se precipitou por causas que aínda se descoñecen.

Segundo os datos dos que dispón o 112 Galicia, o persoal de Urxencias Sanitarias chegou ao lugar do accidente inmediatamente, pero non puideron facer nada por salvar a vida do traballador. 

Comentarios
Lo más