Unha publicación analiza as monteas do século XVIII achadas baixo unha tarima no convento de Santa Clara

Unha publicación analiza as monteas do século XVIII achadas baixo unha tarima no convento de Santa Clara
Unha publicación analiza as monteas do século XVIII achadas baixo unha tarima no convento de Santa Clara

Son debuxos gravados no pavimento de pedra a tamaño natural que servían aos canteiros como guía no proceso de construción

A editorial Guiverny e o Consorcio de Santiago presentan o libro Las monteas del convento de Santa Clara de Santiago de Compostela, unha obra do catedrático de Historia da Arte da Universidade de Santiago, Miguel Taín Guzmán e do profesor de Xeometría Descritiva e de Historia da Construción da Universidade Politécnica de Cartagena, José Calvo López, esta tarde ás 19:30 horas na Fundación Torrente Ballester. No acto estarán os autores, o acalde de Santiago e o presidente do Consoricio da Cidade, Martiño Noriega; o responsable de Publicacións do organismo interadministrativo, Juan Conde; e Belén Fortes da editiroal Guiverny.

No 2014 o Consorcio de Santiago retirou a tarima de madeira que forma a capa superior do pavimento da igrexa do convento de Santa Clara, debido ao seu mal estado de consevación e co fin de proceder á súa renovación. Naquel intre observouse, baixo a tarima, unha gran cantidade de trazados inscritos sobre as lousas de granito que constitúen a base do pavimento. Ao estaren protexidos pola tarima de madeira, os trazados presentan un bo estado de conservación en xeral.

Os arquitectos da Oficina Técnica do Consorcio recoñeceron un gran trazado situado no cruceiro do lado da epístola, que representa con notable fidelidade o remate da fachada da portería do convento. Estos trazados servían de guía aso canteiros para tallar, construír e situar os distintos elementos construtivos.

As monteas de Santa Clara datan da década de 1720, baixo a dirección do mestre Simón Rodríguez, formado na Catedral de Santiago e considerado o mellor arquitecto galego do Barroco nese século. Foron analizadas exhaustivamente polo historiador Miguel Taín Guzmán e polo arquitecto José Calvo López. Estas monteas representan o mellor exemplo do Barroco en Europa.

Comentarios