En Marea pedirá explicacións no Parlamento polo corte de emisión da TVG desta mañá

En Marea pedirá explicacións no Parlamento polo corte de emisión da TVG desta mañá
En Marea pedirá explicacións no Parlamento polo corte de emisión da TVG desta mañá

Esixirá responsabilidades ao director xeral da CRTVG porque considera que non existe un plan de continxencias para estes casos.

En Marea pedirá explicacións ao director xeral da CRTVG no Parlamento de Galicia sobre as verdadeiras causas da interrupción da emisión en directo da Televisión de Galicia na mañá de hoxe. A interrupción foi atribuida a problemas técnicos derivados da dixitalización pero, pasadas catro horas, a programación non fora reestablecida, o que supón o maior tempo sen emisión en directo na historia da TVG.

Segundo explican desde a formación cidadá, antes das 07:30 horas da mañá de hoxe, a TVG fundiuse a negro e tardou varios minutos en recuperar o sinal. Cando o fixo, comezou a emitir programas grabados cunha banda de desculpa que informaba da imposibilidade de emitir o informativo Bos Días por problemas técnicos e anunciaba que a programación regresaría cando fosen solventados.

En consecuencia, En Marea preguntará que tipo de problema técnico de dixitalización pode afectar de maneira tan grave á emisión e por que se tarda tanto tempo en amañalo. Tamén pedirá responsabilidades, xa que a situación vivida leva a pensar que a CRTVG non ten un plan de continxencias que prevea estes casos. 

Comentarios
Lo más