Piden explicacións sobre a caída das emisións da TVG

Piden explicacións sobre a caída das emisións da TVG
Piden explicacións sobre a caída das emisións da TVG

Noela Blanco solicita a comparecencia de Sánchez Izquierdo para explicar a caída xeneralizada de emisións da canle pública

A portavoz do Grupo Socialista na Comisión de Control á CRTVG, Noela Blanco, reclamou hoxe a comparecencia do director xeral do ente, Alfonso Sánchez Izquierdo, para dar conta da caída de emisións da TVG, que afecta ás emisións en directo dende esta mañá. A responsable socialista quere coñecer os motivos e as medidas postas en marcha dende a dirección do ente para resolver o seu particular “xoves negro”.

Blanco lembrou que a caía de emisións prodúcese apenas quince días despois de que Sánchez Izquierdo comparecera na Cámara autonómica para loar o proceso de dixitalización que, tal e como sinalou a portavoz socialista, foi feito “tarde, mal e arrastro”. Lamentou que os 15 millóns de euros que supuxo, mais un sobrecuste de 900.000 euros, non serviran para prever eventualidades como a do día de hoxe, no que dende as 6,30 da mañá non é posible emitir máis que videos.

A responsable socialista lamentou que o ente teña que padecer “literalmente un xoves negro”, logo de ter acumulado 25 “venres negros” nos que o persoal do ente protesta pola manipulación política nos informativos. Sinalou a “triste ironía” deste fundido a negro nas emisións da TVG logo de que o seu director xeral sinalara que tan só quedarían os servizos informativos, os principais afectados da caída da rede de hoxe.

Comentarios