Ferido un motorista en Vigo

Ferido un motorista en Vigo
Foto de arquivo
Ferido un motorista en Vigo

O home caeu da moto e foi trasladado ao Hospital Álvaro Cunqueiro con lesións de diversa consideración.

Un motorista foi trasladado esta mañá ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo despois de sufrir unha caída cando circulaba pola VG-20 en sentido Bouzas.

Segundo informou o 112 Galicia, un condutor que viaxaba pola mesma vía avisou aos servizos de emerxencia ás 8:40 horas de hoxe. Ao lugar do accidente desprazáronse profesionais das Urxencias Sanitarias, que o trasladaron ao hospital vigués con feridas de diversa consideración.

Comentarios