Detido un veciño de Teo por disparar a un home de O Pino

Detido un veciño de Teo por disparar a un home de O Pino
Foto de arquivo
Detido un veciño de Teo por disparar a un home de O Pino

O ataque tivo lugar en marzo e produciulle feridas na cabeza e no tronco á vítima.

Após meses de investigación, a Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Guarda Civil da Coruña detivo a un veciño de Teo, R.B.C., de 47 anos de idade, como presunto autor dun ataque sufrido en marzo por outro veciño de O Pino, a quen disparou cunha escopeta causándolle feridas na cabeza e no tronco. O home está acusado de tentativa de homicidio, pero non están claros os motivos que o levaron a cometer o ataque, ainda que podería tratarse dun intento de roubo.

Os feitos remóntanse ao 27 de marzo, cando a vítima, de 58 anos, volvía á súa casa na parroquia de A Tarroeira, en O Pino e foi sorprendido por un home que levaba a cara cuberta e que o apuntou cunha escopeta pola espalda, obrigándolle a entrar no domicilio. Na entrada da vivenda, a vítima intentou pechar a porta para evitar a entrada do seu atacante, producíndose un forcexeo que rematou cun disparo que atravesou a porta e alcanzou ao veciño de O Pino. A pesar da abundante perda de sangue, conseguiu avisar os servizos de emerxencia, que enviaron un helicóptero para evacualo ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.  

Despois dun mes de sospeitas, unha patrulla da Garda Civil de Ames deu o alto a R.B.C. cando circulaba cun vehículo con placas falsas. Nese momento foille intervida tamén unha escopeta que portaba oculta baixo o asento e que foi analizada na comandancia da Coruña, comprobándose que fora utilizada para cometer delitos e que figuraba nos arquivos de Intervención de Armas como extraviada, ainda que o seu dono sería o exmarido dunha muller coa que o detido tivo unha relación sentimental.

O detido prestou declaración nos xuzgados de Arzúa e foi decretado o seu ingreso en prisión preventiva en calidade de investigado por un delito de tentativa de homicidio.

Comentarios
Lo más