Visita nocturna ao Castriño de Conxo para celebrar o Día Mundial do Patrimonio

Visita nocturna ao Castriño de Conxo para celebrar o Día Mundial do Patrimonio
Visita nocturna ao Castriño de Conxo para celebrar o Día Mundial do Patrimonio

Terá lugar en dúas quendas, ás 19:30 e ás 21:00 horas.

Na tardiña deste sábado terá lugar a visita nocturna ao Castriño de Conxo organizada pola Concellería de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade xunto co colectivo A Rula co gallo do Día Internacional do Patrimonio. As visitas están programadas para as 19:30 horas e as 21:00 horas e organizaranse en dous grupos de 30 participantes cada un. O aforo para a primeira quenda xa está completo.

O Castriño de Conxo é un petróglifo de grande relevancia debido a que a súa descuberta permitiu datar parte da arte rupestre galega, ademais de estar perfectamente integrado no folclore da zona. 

Esta iniciativa é a primeira dunha serie de visitas para dar a coñecer o patrimionio do parque Compostela Rupestre organizadas en colaboración polos concellos de Santiago, Ames, Teo, Brión, Boqueixón e Val do Dubra, e que conta co financiamento da Deputación da Coruña. 

O proxecto do parque Compostela Rupestre comezou a andar hai xa cinco anos, pero só agora se materializou en accións concretas que procuran a conservación do patrimonio, pero tamén a sensibilización dos veciños en xeral e dos propietarios de parcelas con petróglifos en particular. 

Comentarios
Lo más