Denuncian o "deplorable estado" do PAC de Boiro

Denuncian o "deplorable estado" do PAC de Boiro
Foto de arquivo
Denuncian o "deplorable estado" do PAC de Boiro

A sala de curas non reúne as condicións hixiénicas e sanitarias necesarias, non dispón de saída de emerxencia e o persoal de servizos descansa no almacén.

A sección sindical de CCOO-Sanidade na zona de Santiago e Barbanza denunciou o "deplorable estado" en que se atopa o espazo de traballo do Punto de Atención Continuada (PAC) de Boiro, cuestión xa denunciada polos delegados e delegadas sindicais sen obter resposta ningunha. 

Segundo apuntan desde o sindicato, a sala na que se realizan as curas non reúne as condicións hixiénicas e sanitarias necesarias, pois non hai espazo para lavar as mans ou o material e a iluminación e o espazo resultan insuficientes. 

Por outro lado, critican a mala xestión organización do espazo e do material, e denuncian que non dispon de saída de emerxencia e evacuación, incumprindo a normativa sobre espazos de traballo para a asistencia sanitaria. Ademais, indican que o persoal de servizos ten que descansar no almacén, mentres que o persoal médico e de enfermaría comparten habitación. 


Comentarios
Lo más