O Concello dá luz verde a convenios con entidades deportivas da cidade

O Concello dá luz verde a convenios con entidades deportivas da cidade
Foto de arquivo
O Concello dá luz verde a convenios con entidades deportivas da cidade

O máis importante será asinado co Obradoiro CAB.

O Concello de Santiago asinará varios convenios con diferentes entidades deportivas. O máis salientable é o acordo que asinará co Obradoiro CAB, que recibirá unha axuda municipal por valor de 120.000 euros.

Outras entidades que recibirán fondos locais serán o Club Triatlón Santiago (20.000 euros), a Federación Galega de Atletismo (10.000 euros), e o Club Atletismo Santiago (9.000 euros). 

Tamén se aprobaron convenios co Club Victoria Santiago (7.000 euros) e coa Federación Galega de Montañismo (5.000 euros).

Comentarios
Lo más