Xoán Bascuas reuniuse coa Asociación Veciñal San Lourenzo e Carme de Abaixo

Xoán Bascuas reuniuse coa Asociación Veciñal San Lourenzo e Carme de Abaixo
Xoán Bascuas reuniuse coa Asociación Veciñal San Lourenzo e Carme de Abaixo

Escoitou as demandas dos veciños e pediu máis implicación ao Concello.

O candidato de Compromiso por Galicia, Xoán Bascuas, reuniuse coa Asociación Veciñal San Lourenzo e Carme de Abaixo para tratar as problemáticas que enfronta eses barrios da cidade.

Segundo informaron desde CxG, na xuntanza falouse da falta de investimento e mantemento do barrio, que apenas conta con servizos, o que ten como consecuencia a súa lenta recuperación e transformación. A regularización do tráfico é un dos problemas que destacaron desde as asociacións, xa que a circulación se viu afectada polos cambios efectuados en Xoán XXIII e que desvían o tráfico cara a zona.

Despois de manter este encontro, Compromiso por Galicia pediu ao Concello máis implicación e comunicación para coñecer a realidade dos barrios, así como compromisos concretos para realizar investimentos co obxectivos de humanizar, dinamizar e poñer en valor os recursos naturais do barrio de San Lourenzo e a súa contorna.

Comentarios
Lo más