Os socialistas acusan a Portos de Galicia de abusar de contratos menores

Os socialistas acusan a Portos de Galicia de abusar de contratos menores
Foto de arquivo
Os socialistas acusan a Portos de Galicia de abusar de contratos menores

Denuncian que é unha maneira de esquivar o control parlamentario.

O Grupo Parlamentario Socialista, a través da súa voceira na Comisión de Pesca, Loli Toja, denunciou o abuso de contratos menores que supostamente comete Portos de Galicia para complicar o control parlamentario. A acusación tivo lugar no marco dunha pregunta oral en comisión parlamentaria a respecto dunha práctica utilizada polo organismo no 76% das actuación rexistradas no ano 2017.

Segundo explicou Toja, dun total de 5,7 millón de euros en obras, Portos de Galicia contratou 4,3 millóns "a través dun proceso que permite esquivar as garantías e control orzamentario", mentres que o sistema de concurso foi utilizado no 11% das actuacions. Os socialistas consideran que se trata "dunha contía demasiado elevada", xa que o uso dos contratos menores debera ser unha excepción e non a norma.

En consecuencia, reclaman á Xunta a "necesaria transparencia" na xestión dos 122 portos da súa competencia, e lembrou que grande parte do financiamento de Portos de Galicia provén de taxas aplicadas aos concellos, que "teñen dereito a saber a que se destina o seu diñeiro".



Comentarios
Lo más