Trasladan a un home ao Hospital tras ser atropelado por un tractor

Trasladan a un home ao Hospital tras ser atropelado por un tractor

Foi un particular quen ás 17:30 horas de hoxe chamou ao 112 Galicia para informar dun home ferido a causa dun accidente de tractor na contorna do Parque Eólico de Meixente

Un home foi evacuado esta tarde ao Hospital de Lugo ao ser atropelado por un tractor cando traballaba no monte, en Sarria.

Foi un particular quen ás 17:30 horas de hoxe chamou ao 112 Galicia para informar dun home ferido a causa dun accidente de tractor na contorna do Parque Eólico de Meixente. Alí acudiu un equipo do 061-Urxencias Sanitarias para evacuar ao ferido ao complexo hospitalario de Lugo debido ás lesións de diversa consideración que presentaba.

Para colaborar neste operativo, desde o 112 Galicia, tamén se informou á Garda Civil e Policía Local e aos Bombeiros de Sarria, que descartaron intervir en canto comprobaron que a persoa estaba liberada e accesible.

Comentarios
Lo más