Compostela acollerá o XXVI Congreso Nacional de Medicina Xeral e de Familia

Compostela acollerá o XXVI Congreso Nacional de Medicina Xeral e de Familia
Compostela acollerá o XXVI Congreso Nacional de Medicina Xeral e de Familia

Terá lugar en maio de 2019 baixo o lema Superamos etapas compartindo o Camiño.

O vindeiro ano, Santiago recibirá o XXVI Congreso Nacional de Medicina Xeral e de Familia que organiza a Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia. Celebrarase en maio, concretamente entre os días 16 e 18, baixo o lema Superamos etapas compartindo o Camiño. A cita terá lugar no Palacio de Congresos da cidade, onde está previsto que se reúnan arredor de 3.000 participantes.

Segundo explicou unha delegación de organizadores do evento na reunión que mantivo co alcalde de Compostela, Martiño Noriega, nesta edición do Congreso haberá novos formatos de actividades formativas, centradas na Atención Primaria, e mesmo unha parte dedicada á simulación clínica.

Comentarios
Lo más