Cheo absoluto na sesión inaugural de Cinema Crianza

Cheo absoluto na sesión inaugural de Cinema Crianza
Cheo absoluto na sesión inaugural de Cinema Crianza

Proxectáronse nove curtas da sección Narracións Extraordinarias.

A sesión inaugural do Festival Internacional de Cine Infantil Cinema Crianza encheu a Casa da Cultura de Bertamiráns coa proxección de nove curtas da sección Narracións Extraordinarias. 

As crianzas e as súas familias puideron desfrutar de grandes historias de moita fantasía que optan ao Premio Axóuxeres:  Po no ceo (Canadá), de Iris Moore; Cinco minutos para o Baño (Rusia), de Natalia Mirzoyan; Cmo un Corpo (Austria), de Lukas Uvacek; Drasnoludki (Bielorrusia-), de Roman Burmakov; Alfombra de Paz (Irán), de Ziba Arzhang; O Pequeno Heroe (Rumanía), de Elena Ciolacu), Patas para Arriba (Ucraína), de Olha Havrylova; Mareas (Países Baixos), de Fleur Sophie de Boer e O Paxaro e a Balea (Irlanda), de Carol Freeman.

O Certame deu comezo o xoves con sesións para escolares e coa celebración dunha mesa redonda titulada Cruce de Camiños, na que se reflexionou sobre a necesidade de alfabetización audiovisual para introducilo como ferramenta multidisciplinar. 


Comentarios