Derrota do Santiago Futsal contra o Gran Canaria FS

Derrota do Santiago Futsal contra o Gran Canaria FS

Os composteláns perderon o encontro por seis goles a sete.

Os seis goles marcados durante o encontro contra o Gran Canaria FS non lle valeron de nada ao Santiago Futsal fronte aos sete goles dos canarios, que ficaron cos tres puntos.

Unha derrota especialmente dura non só polo resultado, senón porque os composteláns conseguiron manter a vantaxe durante 30 minutos, ata que un fallo nun dobre penalti nos últimos segundos do encontro acabou por situar o marcador a favor do conxunto de Suso Méndez. 

O partido desenvolveuse en igualdade entre os dous equipos. Dani Zurdo inaugurou o marcador, que axiña marcou o empate por obra de Víctor Cachón. Brian foi autor do 1-2 e do posterior 7-5. No tempo de descanso, o resultado era 3-2 a favor dos canarios. O compostelán Dani Blanco puxo de novo a igualada e Álex Motos anotou o 3-4, nos que foron os mellores minutos do equipo. Un saque de falta directo de Mehdi conseguiu o 4-4 e a partir de aí, Saúl, Juanillo e Álex Velasco, rubricaron a lista amarela. Porén, Brian e Lucas apuraron as opcións celestes ata o minuto 39. Un dobre penalti parado polo gardameta canario pechou o encontro.

Comentarios
Lo más