Rescatada unha muller dun incendio en Vigo

Foto de arquivo
Rescatada unha muller dun incendio en Vigo

Atópase ilesa e non precisou asistencia sanitaria.

Unha muller de avanzada idade foi desaloxada en Vigo debido a un incendio no interior do piso onde residía. A evacuación realizouse a través dunha fiestra, pero a muller atópase ilesa e non precisou asistencia sanitaria.

Foi un viandante quen deu aviso, preto das 16:00 horas, de que saían fume e lapas dun piso situado na Rúa Sevilla, perfectamente visibles desde a rúa. Ao lugar acudiron os Bombeiros de Vigo, a Policía Local e efectivos sanitarios.

Comentarios