O xurado do Premio Alfredo Vicente de Xornalismo Cívico decidirá hoxe o gañador

O xurado do Premio Alfredo Vicente de Xornalismo Cívico decidirá hoxe o gañador
O xurado do Premio Alfredo Vicente de Xornalismo Cívico decidirá hoxe o gañador

O fallo darase a coñecer o martes, no aniversario do nacemento de Alfredo Vicenti.

Esta mañá decidirase o gañador do Premio Alfredo Vicenti de Xornalismo Cívico, convocado polo Ateneo de Santiago en outubro do pasado ano. O xurado reunirase na sede social do Ateneo de Santiago para valorar as propostas presentadas e a adxudicación do Premio, fallo que se fará público o martes 20 de novembro, aniversario do nacemento de Alfredo Vicenti.

Concorreron ao premio dezasete traballos de nove xornalistas publicados en distintos medios de comunicación.

A entrega do Premio celebrarase no vindeiro mes de Nadal nun acto social público na cidade de Santiago de Compostela.

Comentarios