Recital de música barroca no Paraninfo da USC

Recital de música barroca no Paraninfo da USC
Recital de música barroca no Paraninfo da USC

Hoxe ás 20:30 horas inaugúrase o ciclo Le nuove musiche. Música instrumental e vocal do século XVII

O Paraninfo da USC será escenario hoxe ás 20:30 horas do primeiro concerto do ciclo Le nuove musiche. Música instrumental e vocal do século XVII, que engloba un total de seis recitais a celebrar ata maio do vindeiro ano.

O recital desta tarde leva por título O violín e o violonchelo no século XVII e será interpretado por Ensemble Allettamento, un proxecto do violinista Mario Braña e a violonchelista Elsa Pidre. O programa que presentan está composto por obras de Antonio de Cabezón, José Ximénez, Sebastián Aguilera de Heredia, F. Correa de Arauxo, J. B. Cabanilles, P. Antonio Soler e Miguel del Barco.

O ciclo Le nuove musiche. Música instrumental e vocal do século XVII está centrado no seicento, período no que nace o Barroco e a música instrumental adquire maiores dimensións. Ao longo dos seis concertos iranse desvelando diferentes caras deste período. 

Comentarios
Lo más