Ribeira celebrará en decembro a súa Xuntanza do Maior

Ribeira celebrará en decembro a súa Xuntanza do Maior
Ribeira celebrará en decembro a súa Xuntanza do Maior

As entradas xa están dispoñibles no Departamento de Tesourería do Concello.

O Concello de Ribeira celebrará o próximo 2 de decembro a Xuntanza do Maior, cuxas entradas poden retirarse a partir de hoxe, luns 19 de novembro. O prezo é de 16 euros e poderán comprarse no Departamento de Tesourería do Consistorio. A iniciativa dará prioridade aos maiores empadroados en Ribeira, pero nos últimos días abrirase a inscrición a persoas censadas noutros concellos.

A celebración dará comezo ás 12: 30 horas cunha misa na igrexa de Santa Uxía que estará cantada pola Coral Polifónica Municipal de Ribeira. A partir das 13:15 horas, o polideportivo da Fieiteira acollerá aos participantes, que se espera que superen o milleiro, como ven sucedendo cada ano.

Ademais do xantar, haberá música, baile e agasallos. O Concello poñerá a disposición dos veciños autocares gratuítos desde a estación do Malecón ata A Fieiteira.

A iniciativa forma parte do Programa de Dinamización e Promoción Social dos Nosos Maiores dos Servizos Sociais de Ribeira.

Comentarios
Lo más