Remata Cinema Crianza coa entrega de premios ás mellores curtas do festival

Remata Cinema Crianza coa entrega de premios ás mellores curtas do festival
Remata Cinema Crianza coa entrega de premios ás mellores curtas do festival

A curta xaponesa Good Night e a india Rammat-Gammat foron galardoadas nas categorías Axóuxeres e Buxainas respectivamente.

O Festival Cinema Crianza puxo fin á súa segunda edición coa entrega de Premios ás mellores curtas exhibidas durante os catro días que durou o evento, ao que asistiron arredor de 1.500 persoas. 

Os galardóns entregáronse en tres categorías: Axóuxeres para filmes recomendados para menores de cinco anos; Buxainas para os recomendados para maiores de sete anos; e o Premio do Público, outorgado polos asistentes en cada unha das categorías anteriores. O xurado encargado de decidir estivo formado polo director xeral da Academia Galega do Audiovisual, Manuel Mariño, a directora e realizadora Sandra Sánchez e a guionista Sara Gómez Iglesias.

A curtametraxe gañadora na categoría Axóuxeres foi a xaponesa Good Night, de Makiko Nanke, que tamén recibiu o Premio do Público. Nela, o xurado valorou a capacidade do director para contar sen palabras as relacións entre irmáns, usando a imaxinación para resolver os problemas diarios. 

Na categoría Buxainas, o premio do xurado foi para o filme indio Rammat-Gammat, de Ajitpal Singh, proxectado no bloque temático Arredor duha pelota. Un relato sobre a amizade alén dos condicionantes sociais contada con mestría, veracidade e sutileza. O Premio do Público nesta categoría foi para a curtametraxe exipcia Fedhi, de Anne Abadalla.

As mencións especias foron para os filmes Petit, quiero ser grande, da chilena Bernardita Ojeda, na categoría Axóuxeres; e para a iraní A voz de Narge, de Hadi Rhabar, na categoría Buxainas.

Comentarios