Charla informativa sobre a "ruta dos peregrinos" en Touro

Charla informativa sobre a "ruta dos peregrinos" en Touro
Charla informativa sobre a "ruta dos peregrinos" en Touro

Terá lugar o venres 23 no Pazo de Andeade

En Marea Touro organiza o vindeiro venres 23 unha charla para falar do paso da ruta dos peregrinos polo concello. Os poñentes serán Ángeles López Álvarez do Centro Nacional de Coordinación EuroVelo e Alberto Pampín de Cycling the Camino, e terá lugar no pazo de Andeade.

A ruta EuroVelo 3, tamén chamada ruta dos peregrinos, é un itinerario cicloturista que comeza en Noruega e remata en Compostela, seguindo o percorrido do Camiño Francés no seu tramo por Galicia ata chegar a Arzúa, onde se desvía polo concello de Touro.

En Marea considera que Touro está ante unha oportunidade que non pode deixar pasar e hai que estar preparados xa eu a ruta estará en pleno funcionamento na primavera de 2019.

O colectivo municipal invita á veciñanza a acudir a este evento no que se abordarán cuestións como posibilidades de negocio ou o aproveitamento do patrimonio local como produto turístico.

Comentarios