O Concello de Tui ten un mes de prazo para derruir a pirotecnia de Baldráns

O Concello de Tui ten un mes de prazo para derruir a pirotecnia de Baldráns
Foto de archivo
O Concello de Tui ten un mes de prazo para derruir a pirotecnia de Baldráns

Contra o auto cabe interpoñer recurso de apelación ante o TSXG, aínda que o xuíz advirte de que “por si mesmo non suspende a executividade” da súa resolución

O Xulgado do Contencioso-administrativo número 1 de Tui emitiu un auto no que concede ao Concello “un último e improrrogable prazo” dun mes para que proceda ao desaloxo, baleirado e demolición da pirotecnia de Baldráns. 

Desta forma, o maxistrado ordena á Administración municipal executar a sentenza de 2014 que anula as licenzas das obras de legalización e de actividade da pirotecnia outorgadas polo Concello en 2013. 

O maxistrado tamén concede no auto autorización á Administración local para entrar pola forza, co auxilio da Policía Local e dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, nas instalacións, no caso de que os seus propietarios non o permitisen, para proceder á execución forzosa da sentenza. 

Contra o auto cabe interpoñer recurso de apelación ante o TSXG, aínda que o xuíz advirte de que “por si mesmo non suspende a executividade” da súa resolución.

Comentarios