Rocío Ovalle gaña o Premio Alfredo Vicenti de Xornalismo Cívico

Rocío Ovalle gaña o Premio Alfredo Vicenti de Xornalismo Cívico
Rocío Ovalle gaña o Premio Alfredo Vicenti de Xornalismo Cívico

O traballo gañador recaeu por unanimidade no artigo As bestas andan soltas da xornalista Rocío Ovalle Fernández, publicado o 25 de xuño do presente ano no xornal dixital Adiante.gal

No día de onte luns, día 19, ás 9.30 horas na sede social do Ateneo de Santiago reuniuse o Xurado do Premio Alfredo Vicenti de Xornalismo Cívico, constituído por representantes do Ateneo de Santiago, a Facultade de Xornalismo da USC e a Deputación da Coruña, entre outros. Como punto único da orde do día, tratouse a valoración das propostas presentadas e adxudicación do Premio.

O traballo gañador recaeu por unanimidade no artigo As bestas andan soltas da xornalista Rocío Ovalle Fernández, publicado o 25 de xuño do presente ano no xornal dixital Adiante.gal.

Ao Premio concorreron un total de dezasete traballos presentados dentro do prazo previsto de nove xornalistas que publicaron os seus artigos nos distintos medios de comunicación.

A entrega do Premio celebrarase no vindeiro mes de Nadal nun acto social público na cidade de Santiago de Compostela.

Comentarios
Lo más