Unha muller sufre una crise de ansiedade ao incendiarse un galpón da súa propiedade

Unha muller sufre una crise de ansiedade ao incendiarse un galpón da súa propiedade
Foto de archivo
Unha muller sufre una crise de ansiedade ao incendiarse un galpón da súa propiedade

Os Bombeiros, tras rematar coas tarefas de extinción, confirmaron que unicamente ardera un galpón con madeira e outros materias almacenados no seu interior

Unha muller sufriu unha crise de ansiedade despois de incendiarse un galpón anexo á vivenda na cal reside.

Ao fío das 02:30 horas desta madrugada, un particular alertaba ao 112 Galicia dunha casa ardendo e habitada por unha muller, na Rúa Vila do Medio, en Burela. 

De inmediato, os xestores de emerxencias puxeron os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Barreiros que axiña se desprazaron ao punto. 

Ademais, puxeron en alerta ao 061-Urxencias Sanitarias e informaron á Garda Civil, GES de Cervo e a Protección Civil da localidade.

Unha vez no lugar, os servizos sanitarios indicaron que unha ambulancia se dirixía cara o domicilio, posto que a dona do inmoble sufría unha crise de ansiedade.

Os Bombeiros, tras rematar coas tarefas de extinción, confirmaron que unicamente ardera un galpón con madeira e outros materias almacenados no seu interior, nin as lapas nin o fume afectaron á vivenda. 

Comentarios