Pais e nais de Ames presentan unha reclamación ante o Concello de Ames e a Valedora do Pobo polos recibos dos comedores

Pais e nais de Ames presentan unha reclamación ante o Concello de Ames e a Valedora do Pobo polos recibos dos comedores

Esta mañá unha representación de pais e nais presentaron un escrito ante a Valedora do Pobo e o rexistro xeral do Concello de Ames

A guerra entre as familias amesás e o concello de Ames volve a estar no punto de mira. Dende fai varias semanas volven as queixas polo retraso no cobros dos diferentes recibos dos comedores escolares, de Setembro Lúdico ou da Escola de Verán.

David Santomil, concelleiro responsable de educación, quixo aclarar a situación afirmando que entre os días 1 e 5 de cada mes, Educación elabora o censo dos cobros do mes anterior para comprobar se todos cumpren os requisitos. Unha vez pasado ese trámite, os cobros trasládanse ao departament de recadacíon que posteriorme fará o cobro entre os días 20 e 30 do mes vencido. 

A oposición de Ames Novo, Partido Popular e Pacto x Ames tamén criticaron a "falta de sensibilidade" manifestada polo concelleiro de Educación, David Santomil, que solicitou ás Anpas que transmitisen ás familias afectadas que debían ter previsto este gasto.Quique Costas, de Ames Novo, cualificou de "acto de covardía política" que o concelleiro se "escudase" nas Anpas para transmitir a súa resposta e acusou o goberno municipal de "erixirse en administrador das economías familiares". 

Pola súa parte, os pais e nais presentaron esta misma mañá, por rexistro, unha queixa ante a Valedora do Pobo e no concello de Ames firmada polas ANPAS de Ames na que solicitan que o Concello de Ames faga efectiva a súa ordenanza reguladora dos comedores escolares na que consta que os cobros dos recibos serán a mes vencido.

Captura de pantalla 2018 11 13 a las 18.09.37

Comentarios
Lo más