Noriega celebrou onte os 25 anos do CESGA

Noriega celebrou onte os 25 anos do CESGA
Noriega celebrou onte os 25 anos do CESGA

A celebración do 25 aniversario do CESGA comezou cun percorrido polas súas instalacións, no que participaron o director do centro, Mauro Fernández; a presidenta do CSIC, Rosa Menéndez, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, entre outras autoridades

O Centro de Supercomputación de Galicia está a celebrar o seu 25 aniversario, e onte organizou un acto conmemorativo no que participou o alcalde, Martiño Noriega. O CESGA botou a andar en 1993, da man da Xunta de Galicia e do CSIC.

A celebración do 25 aniversario do CESGA comezou cun percorrido polas súas instalacións, no que participaron o director do centro, Mauro Fernández; a presidenta do CSIC, Rosa Menéndez, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, entre outras autoridades. Todos eles puideron coñecer, entre outros aspectos, o funcionamento do supercomputador Finisterrae.

Posteriormente, na Facultade de Dereito, tivo lugar o acto institucional de celebración do aniversario. No seu transcurso, o alcalde expresou o seu orgullo porque Santiago acolla este centro "que nos pon no mapa do I+D+i, demostrándonos a nós mesmos que o potencial da nosa cidade vai moito máis alá do sector turístico e do valor innegable do noso patrimonio". Martiño Noriega tamén expresou a súa vontade de "fomentar a colaboración entre o Concello e o CESGA, con proxectos como o Trafair, que xa temos en marcha grazas a fondos europeos, e no que o Centro de Supercomputación colaborará co Concello na medición da calidade do aire". 

Comentarios