O IES do Milladoiro acolle hoxe e o mércores 28 dúas sesións de Espazos para Reflexionar

O IES do Milladoiro acolle hoxe e o mércores 28  dúas sesións de Espazos para Reflexionar
O IES do Milladoiro acolle hoxe e o mércores 28 dúas sesións de Espazos para Reflexionar

As sesións serán impartidas por Yolanda Gómez Bombín, pedagoga e traballadora de servizos sociais do Concello de Noia

O salón de actos do IES do Milladoiro acolle hoxe mércores 21 e o mércores 23 deste mes, en horario de 17:30 horas a 19:00 horas, dúas novas sesións de Espazos para Reflexionar. Este proxecto, en colaboración co instituto do Milladoiro, abarca este ano toda a comunidade educativa da localidade ao contar coa implicación das ANPAS da escola infantil A Galiña Azul Figueiras - Ames, da escola infantil A Madalena, da EEI Millapeques e da ANPA As Brañas do CEP de Ventín.

O obxectivo deste proxecto é tentar dar resposta a determinados aspectos educativos vinculados ao significado de medrar hoxe en día, á imposición dos límites desde a autoridade ou aos procesos de mudanza durante a adolescnecia. Deseñados como charlas-obradoiros, os Espazos están baseados na presentación de casos prácticos e na reflexión en común sobre os mesmos, a través de dinámicas de grupos que tornan as sesións prácticas.

A sesión de hoxe está destinada a familias con cativos/as de 0 a 6 anos e xirará en torno ás distintas etapas do crecemento saudable e como apostar pola autonomía neste proceso de crecemento. O obxectivo será que as propias familias compartan as súas experiencias, expectativas e ideas para concluír cal pode ser a mellor maneira de eleaborar todo o que implica a autonomía dos/as máis pquenos/as.

Por outro lado, o mércores 28 de novembro, terá lugar outra sesión do mesmo proxecto, esta vez enfocada na adolescencia e na importancia de decodificar necesidades dos mozos/as que se atopan nesta etapa, potenciando a súa autonomía. Conversarase sobre como a sexualidade forma para do proceso de construcción do ser humano e da persoa. Ademáis, trataránse varias visións e ferramentas para entender como afecta o acceso ao sexual dos/as xoves, tanto de maneira física como virtual.

As dúas xornadas serán impartidas por Yolanda Gómez Bombín, pedagoga e traballadora de servizos sociais do Concello de Noia.

Comentarios