X Xornadas Musicais Santa Cecía na Escola Municipal de Música Magariños de Brión

X Xornadas Musicais Santa Cecía na Escola Municipal de Música Magariños de Brión
X Xornadas Musicais Santa Cecía na Escola Municipal de Música Magariños de Brión

Nesta edición, as xornadas céntranse na música tradicional galega e comenzan hoxe con unha charla-coloquio sobre canto tradicional

A Escola Municipal de Música Magariños de Brión organiza as X Xornadas Musicais Santa Cecía, este ano dedicadas á música tradicional galega. Trántanse de dúas xornadas en conmemoración da festividade de Santa Cecía e que terán lugar o hoxe mércores 21 e o xoves 22 de novembro, ás 19:00 horas, na aula 5 da Escola de Música. A entrada é de balde ata completar aforo.

Hoxe mércores 21 de novembro terá lugar unha charla-coloquio sobre "O canto tardicional" ofrecida por Ramón María Vázquez García, profesor superior de canto da Escola. A segunda xornada do xoves fará incampé en aspectos técnicos, compositivos e históricos da gaita. Nesta xornada haberá a charla-coloquio "A gaita galega" e será o mestre Olivier Cano Carteret, profesor superior de música da Escola, quen a dirixa.

As X Xornadas Musicais Santa Cecía están organizadas poal Escola Municipal de Música Magariños, en colaboración co Concello de Brión, coa Deputación da Coruña e coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Comentarios
Lo más