O BNG conmemora “Cen anos de nacionalismo galego” en Compostela

O BNG conmemora “Cen anos de nacionalismo galego” en Compostela
O BNG conmemora “Cen anos de nacionalismo galego” en Compostela

Organiza hoxe un acto no Vide-Vide co historiador Xusto Beramendi e a candidata do BNG, Goretti Sanmartín.

O BNG conmemora este ano o centenario do nacionalismo galego coa organización dunha serie de actos en cidades e vilas baixo o lema Somos unha nación. Esta semana, como parte da axenda de eventos programados, terá lugar en Compostela un acto titulado Cen anos de nacionalismo galego, que contará coa participación do catedrático emérito de Historia da USC Xusto Beramendi e a candidata do BNG á alcadía, Goretti Sanmartín. Celebrarase hoxe, mércores, ás 20:30 horas no espazo enocultural Vide,Vide!.

Como a efeméride e o propio título do acto indican, durante o acto farase un repaso á historia do nacionalismo galego, con especial mención ao labor das Irmandades da Fala, do Grupo Nós, do Seminario de Estudos Galegos e do Partido Galeguista, así como a episodios concretos como a campaña de defensa do Estatuto, o proxecto Galeuzka ou a resistencia antifranquista.

O público asistente poderá adquirir tamén reproducións la lámina de acuarela creada por Leandro Lamas con motivo desta conmemoración. 

Comentarios